Fisterra e Vigo acollen accións arqueolóxicas para coñecer o seu pasado

Tempo de escavar

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
É sabido que o verán faise o tempo máis propicio para desenvolver investigacións arqueolóxicas. Deste xeito, en Fisterra están a comezar os traballos para escavar a ermida de San Guillerme, do século VII. A investigación, apoiada por Patrimonio, agardar revelar o potencial arqueolóxico da zona de cara a unha posterior posta en valor do conxunto. Máis avanzados andan os traballos na parroquia viguesa de Candeán, onde os traballos na mámoa do Vixiador permitirán completar a ruta arqueolóxica de tres quilómetros que transcorre por once megálitos da zona.

Máis información sobre Fisterra en El Correo Gallego; sobre Candeán no Faro de Vigo; o noso tema sobre arqueoloxía estacional; máis sobre arqueoloxía nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fisterra, Arqueoloxía, Culturagalega, El Correo Gallego...