Os escritores homenaxean a Ramiro Fonte

Un recital o vindeiro 17 de abril lembrará o desaparecido poeta

A Asociación de Escritores en Lingua Galega quere lembrar a figura de Ramiro Fonte, recentemente falecido, cunha homenaxe. O vindeiro 17 de abril, a sede da Fundación Caixa Galicia de Vigo acolle un recital no que nomes coma María do Carmo Kruckenberg, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xulio López Valcárcel, Xavier Seoane ou Gonzalo Navaza, entre outros, achegarán os seus versos á memoria do desaparecido poeta. Canda a eles, o Grupo Instrumental Siglo XX achegará música a un acto que comeza ás sete e media da tarde.