Santiago acolle ata o sábado as III Xornadas de Síndrome de Down

Xornadas para a Integración

Mellorar a calidade educativa e a integración de alumnos con síndrome de Down é o eixo que centra a terceira edición das Xornadas con Síndorme de Down que se celebran ata o domingo en Compostela. Expertos, afectados e os seus familiares expoñerán a súa visión do problema.

Integración





Durante dous días especialistas, afectados e expertos no síndrome de Down reuniránse no auditorio de Compostela para centrarse nas necesidades e nas características da integración para xente que padece síndrome de Down. Ademais, tamén se pretende poñer de relevo que a Educación é un elo máis no proceso de desenvolvemento e na maduración das persoas con Síndrome de Down e outras N.E.E. que ten que desembocar no seu acceso ó mundo laboral ordinario.













Ponencias e experiencias personais





As xornadas comezan coa experiencia personal de Julio Camblor, un mozo asturiano que desenvolveu programa de radio en Radio Vestusta en Oviedo. O que da pé a que especialistas establezan as pautas e os criterios, que determinan cales son os coñecementos necesarios para que a xente con síndrome de Down poida achegarse ó mercado. As xornadas rematan o sábado atendendo á imporancia da educación como un paso máis para a integración dos afectados na sociedade actual. Un día no que estarán presentes os responsables do Proxecto Roma, que está a desenvovler unha forma diferente de ver a educación.