A NASA mobilízase para reivindicar o seu carácter artístico

A Rede de Salas Alternativas deu o seu apoio á sala compostelá

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Desde hai uns meses, están a se repetir acusacións desde determinados medios de comunicación e partidos políticos a vencellar a compostelá Nave de Servizos Artísticos (NASA) co independentismo e a violencia política. Os responsables da sala chaman para ás seis e medida desta tarde a participar nunha manifestación de carácter ridiculista para responder a estes ataques. A convocatoria anima a asisitir á Praza do Obradoiro disfrazados de terroristas para saír nun retrato colectivo. A seguir, farase outro retrato no que os participantes sairán a cara descuberta e identificando a súa profesión real, co lema "Somos como somos e non como algúns queren que nos vexas". A Rede de Salas Alternativas emitiu hoxe, a coincidir co Día do Teatro, un comunicado de apoio ao espazo compostelán.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con NASA, Teatro, Medios de comunicación, Obradoiro

Claves

Entidades
Lugares