A maioría dos galegos acode, como mínimo, a unha actividade cultural ao ano

O informe Ocio e hábitos culturais dos galegos achega datos relativos a 2006

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Oito de cada dez galegos asistiu a algún espectáculo ou actividade cultural no ano 2006. Así se desprende do informe Ocio e hábitos culturais dos galegos que fixo público o Observatorio da Cultura que mantén o Consello da Cultura Galega. Segundo ese estudo, os menores de trinta anos son os que máis asisten ás actividades culturais, desde concertos de música clásica, ata a lectura de libros ou asistencia ao cine. Por xéneros, as mulleres son as que teñen mellores hábitos culturais (len máis, van a máis concertos de música clásica aínda que practican menos deporte). O estudo tamén conclúe que o nivel de ingresos e de estudos está relacionado co consumo cultural.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Mulleres, Cine, Consello da Cultura Galega