O Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega (CCG), ven de presentar o estudo Influencia da COVID-19 nos hábitos culturais da poboación galega. Trátase dun informe específico para coñecer o comportamento e o gasto en consumo cultural entre a poboación galega maior de quince anos no marco da pandemia e as súas consecuencias. Co apoio técnico da empresa Sondaxe, o Observatorio realizou un estudo propio sobre o total da poboación galega maior de quince anos, cunha mostra de 701 entrevistas telefónicas, encamiñado a analizar a lectura e compra de libros, prensa, música, concertos, artes escénicas, cine e contidos audiovisuais. As cifras recollidas no estudo amosan que a cidadanía galega le agora lixeiramente máis que antes, sobre todo os homes. O resto de prácticas mantéñense nos mesmos niveis agás nas artes escénicas, na asistencia ao cinema e nos concertos de pago, nos que, como é lóxico pola súa característica presencial, se produce un descenso moi acusado. Por iso, o gasto cultural caeu fortemente, cunha contracción media do 69,9%.
O informe partía dun coñecemento exhaustivo dos hábitos culturais. O propio Observatorio da Cultura Galega realizou entre xullo e decembro sete informes que amosaban tanto a realidade empresarial como o comportamento da cidadanía neste sector. Sabíase que houbo un incremento do consumo e de actividades relacionadas coa cultura dixital pero o Observatorio quería coñecer que fixo e que ten previsto facer no futuro a cidadanía galega. O estudo constata que o 23,9% le máis e o 10,9% le menos ou deixou de ler. A xente nova é a que, en maior medida, aumentou a frecuencia de lectura, xa que un 39,4% le máis ou moito máis ca antes. Son as mulleres as que máis len, pero tamén as que en maior medida deixaron de ler ou o fan con menos frecuencia. Porén, estas cifras non implican un maior gasto, xa que a compra libros descendeu un 17,7%. A cidadanía, en lugar de mercar, tirou de préstamos e de descargas gratuítas.
Desconfianza cara os espectáculos
Aquelas actividades que requiren presencialidade son as que sufriron, como era de esperar, os maiores descensos e, tamén, as que están a notar unha maior dificultade para recuperarse. A asistencia a concertos estivo especialmente danada. As cifras amosan unha baixada drástica con independencia de que sexan de pago (antes non ía un 43,5% e agora un 80,7%) ou de balde (antes non ía o 23,9% e agora o 74,4%). Isto tradúcese nunha baixada drástica no consumo. Perdéronse 863,000 espectadores de concertos de pago. Esa perda correspóndese principalmente con mulleres e persoas de entre 45 e 64 anos. A desconfianza na seguridade é o principal motivo argumentado para xustificar esa actitude, segundo o informe. No relativo ao consumo musical particular, o estudi sinala que o 25,4% das persoas enquisadas declarou que paga polo consumo de música, é un 5% máis que antes da pandemia. Son persoas novas, con elevado nivel formativo e de ámbito urbano. Spotify, Amazon e Youtube son as principais plataformas.
Nas artes escénicas o descenso de público foi moi acusado. Se antes 5 de cada 10 persoas aseguraban non ir nunca a este tipo de espectáculos, agora son 8 de cada dez, indica o Observatorio. Isto tradúcese segundo o documento nunha perda duns 732.000 espectadores e unha contracción do gasto medio anual, que pasa de 89,6 a 66,9 euros. Coma no caso das artes escénicas, son as mulleres as que deixaron de asistir ás representacións e, neste caso específico, tamén os maiores de 45 anos.
Antes da pandemia o 31,3% da poboación confesaba non ir ao cine. Hoxe en día esa cifra subiu ata o 76% e tradúcese en que un millón de persoas deixaron de ir. Non é só que se vaia menos, senón que as que aínda manteñen o hábito van menos. O estudo tamén asegura que son os homes, a mocidade e os que viven nun ámbito urbano os que presentan mellores indicadores. Con todo, dos que ían ao cine, e continúan indo, o gasto antes da pandemia era de 25,8 euros ao ano e agora é de 23,4 euros. Agora ben, se o consumo audiovisual se fai na televisión, as cifras mostran unha maior estabilidade, poñendo de manifestou que non houbo un cambio drástico na contratación de plataformas de televisión de pago. "A porcentaxe de novos consumidores (6,8%) compénsase coa dos que abandonaron o consumo (4,1%)". Iso si, o que xa tiña a subscrición feita aproveitou para "facer un maior uso do servizo", afirma o estudo.