Abre en Pontevedra Rumore, un café-concerto con forma de xardín artificial

O espazo está deseñado por Andrés Jaque, o arquitecto que deseñou a Tupperhome

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O concepto de café-concerto, entendido como o espazo de copas no que se acolle actividade cultural, non é novo. Sen embargo, o que este xoves abre en Pontevedra ten un aspecto certamente singular. Rumore é unha especie de xardín artificial que conta no seu interior con pequenos outeiros de plástico e con tubos fluorescentes emulan postas de sol. Totalmente acristalado para que poida ser visible desde a rúa. Un concepto deseñado polo arquitecto de moda, Andrés Jaque, finalista do prestixioso premio Mies Van der Rohe pola súa Tupperhome. O proxecto abre coa exposición do pintor Xavier Dopazo e os seu Os gaiteiros que dará paso a outras propostas de “conversadores, actores e músicos”, segundo figura na nota de prensa remitida polos propietarios do espazo.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Moda

Claves

Entidades
Lugares