O álbum ilustrado Cerca galardoado en Italia co Premio delle Palme de Literatura infatil

A obra gañadora do Iº Premio Compostela de Álbums Ilustrados consegue outro recoñecemento

20/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O álbum Cerca, de Natalia Colombo e editado por KALANDRAKA, vén de ser galardoado co ‘II Premio delle Palme’ de Literatura Infantil. A editorial galega recollerá esta distinción o vindeiro 4 de abril na Biblioteca Juan XXIII da cidade de San Vito dei Normanni, situada na rexión de Apulia. O galardón, está organizado polo departamento de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Salento e a área de Educación da Provincia de Brindisi e o municipio apuliés. Cerca será a obra destacada que KALANDRAKA vai presentar na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, do 23 ao 26 deste mes. O selo galego vai organizar dous actos para presentar o seu “proxecto plurilingüe” a editores, axentes, autores e ilustradores estranxeiros.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Kalandraka, Italia, Editores...

Claves

Entidades
Lugares