La Voz de Galicia e Diario de Ferrol entregan hoxe os seus premios

Con voces e diarios

Os medios tamén premian á sociedade. Non só informan sobre os acontecementos da vida cotiá, senón que tamén deciden galardoas as súas actividades. E así xorden os premios. Esta noite, o terá lugar o acto de entrega dos premios máis veteranos. Son os de La Voz de Galicia que chegan á súa quinta edición galardoando á Confederación Galega de Minusválidos, José Casal, a Factoría Citroën, a Fernández del Riego e ó concello da Coruña. Pola súa banda, Diario de Ferrol tamén entrega hoxe os seus galardóns que distinguen ó Museo de Humor de Fene, a empresa Artabro-Samdeu, as asociacións Asfedro e Chavós, e o equipo Unisa Ferrol.

La Voz de Galicia

Por quinto ano consecutivo La Voz de Galicia entregará esta noite os seus premios. Uns galardóns que pretenden premiar a dedicación e a entrega de figuras, empresas e asociacións polo seu labor desenvolvido no seu último ano. E este ano, os seus premiados son a Confederación Galega de Minusvalidos (COGAMI) polo seu traballo en favor da integraciós social e laboral das persoas con minusvalías físicas. Na categoría de deporte, o vigués Jose Ángel Casal é o premiado este ano. Entre os seus méritos destaca o feito de ser Pau Gasol que está xogando agora mesmo nos Grizzlies. Na categoría de empresa, a factoría de PSE Citroën en Vigo recibe este ano o premio á empresa máis destacada pola súa aportación ó tecido industrial radicado en Galicia. Por cultura, Francisco Fernández del Riego é o galardoado nesta ocasión, pola súa capacidade de consenso á fronte da Real Academia Galega. E por último, na categoría de Medio Ambiente a política desenvolvida polo Concello da Coruña amosou o seu empeño na recuperación e conservación dos espacios naturais.
O xurado deste galardón está formado por profesionais do xornal e recibirán unha cerámica de Sargadelos creada por Isaac Díaz Pardo sobre unha idea orixinal de Luis Seoane nun acto que se desenvolverá nas instalacións do Museo de La Voz.










Diario de Ferrol


E o Diario de Ferrol entrega esta tarde no auditorio do recinto ferial do FIMO os segundos premios do Diario do Ferrol nas cinco categorías que ten establecido o medio. A empresa Atabro-Samdeu recibirá o premio de Economía e Desenvolvemento. A empresa destaca polo seu traballo de enxeñería para aplicacións ó sector naval e industrial. Na categoría Premio de Universidad e Educación o galardón reaceu na Asociación Chavós polo seu traballo continuado de integración social da etnia xitana na comarca de Ferrolterra. A loita contra a drogadicción, o estudio e a prevención das drogas fixo que a Asociación Asfedro recibise o premio de Acción Social. No apartado de cultura o Museo de Fene resultou vencedor pola orizinalidade e a súa capacidade de traballo por recuperar o humor galego. Por último no apartado de deportes o Unisa de Ferrol foi o galardón.
Os cinco premiados recibirán esta noite os seus galardóns, unha estatuíña do escultor Patinha, nunha gala que conducirá a actriz naronesa Yolanda Muíños. Un premio que fai coincidir co terceiro aniversario do xornal