Acción de verán 2009 oferta 10.000 prazas de actividades

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 24 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Dirección Xeral de Xuventude abriu o prazo de inscrición para as actividades do programa Acción de verán 2009. En total son máis de 10.000 prazas as que se ofertan para xente de entre 9 e 35 anos en propostas coma campamentos temáticos, campos de traballo ou actividades de multiaventura entre moitas outras. Entre moitas outras áreas, as actividades tocarán ámbitos coma a arquoloxía, a etnografía, os contos e lendas, o teatro ou o coñecemento do medio natural. Os interesados poden facer a súa inscrición ata o vindeiro 24 de marzo.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Etnografía, Teatro, Xuventude, Contos...