Quintana presenta a campaña “Verán 06” co obxectivo de achegar Galicia aos novos

Campamentos de verán

“Verán 06” é o título que ten a campaña de programas de verán, unha iniciativa que pretende dar a coñecer Galicia a través de campamentos, campos de traballo e actividades. Entre as novidades do proxecto que deu a coñecer o vicepresidente Anxo Quintana destaca o incremento do número de prazas, os cambios no sistema de adxudicacións e asignación das mesmas, así como que as solicitudes se poderán facer a través da rede. O prazo de inscrición remata o 21 de abril e o sorteo de asignación das prazas será ante notario o vindeiro 8 de maio.

Máis información no web da Xunta