Os guionistas elixen a Henrique Rivadulla para que presida a súa asociación

A entidade agrupa a 600 guionistas de todo o Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Federación de Asociacións de guionistas de España, que agrupa as asociacións galega, catalana, vasca e valenciana, acaba de escoller nova xunta directiva. O galego Henrique Rivadulla Corcón foi elixido como presidente desta entidade estatal que agrupa a preto de 600 socios. O catalá Albert Plans mantense como vicepresidente, mentres que mudan o secretario (agora é o vasco Pedro Fuentes) e a tesoureira (a valenciana Sandra Gómez). Son vocais César Sabater e Carlos Piñeiro. O seu mandato pretende mellorar as condicións laborais dos guionistas e a unión do colectivo, así como a organización de actividades.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Lingua galega

Claves