Unha década en casa de Hamlet

O último número da revista está dedicado ao teatro fantástico

3/3/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
12 lecturas | Compartido 0 veces

Detalle da portada do número dez da revista Casahamlet

Non é unha revista ao uso, porque non é unha publicación informativa, senón de creación. Comezou a súa andaina hai dez anos e nesta traxectoria escribiron nela desde autores recoñecidos como Manuel Lourenzo ata os novos valores da escrita dramática como Eva Ferreira ou Roi Vidal. “É unha revista de creación e investigación” afirma Isaac Ferreira o director desta publicación que acaba de presentar o seu último número (o 10) na que fan un monográfico do teatro fantástico. Un proxecto que nace ao abeiro do Estudio de Teatro: Casahamlet.

Universo culturagalega.gal

15/02/2011

Quiosco: RGT, 65

A Revista Galega de Teatro achégase á dramaturxia portuguesa no seu último número

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos