Fina en Barcelona o actor galego Pepe Rubianes

O actor será enterrado na estrita intimidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Dicía que era galaicocatalán: “galaico porque nacín en Galicia, aínda que case nunca vivín alí e catalán porque sempre vivín en Cataluña aínda que nunca nacín aquí”. Pepe Rubianes morreu onte en Barcelona por mor dun cancro de pulmón. Unha enfermidade que o mantiña apartado dos escenarios desde abril do 2008. Actor e autor teatral, especializouse en mimo, imitacións e monólogo e gozou dun peculiar sentido do humor que o fixo moi popular. Rubianes será enterrado hoxe na intimidade por desexo da súa familia.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Humor, Cataluña

Claves

Conceptos