Doazón de BD

A libraría Metrópolis Cómics cede obras a diferentes entidades

Dezasete bandas deseñadas en galego que se incorporarán á campaña A mochila viaxeira do colexio Isaac Peral de Ferrol. Esta foi a doazón que fixo a libraría Metróplis Cómics coa intención de favorecer a lectura en galego e, en especial, da novena arte. O xerente da libraría, Manuel Rodríguez Pereiro, anunciou que pretende facer novas cesións a entidades coma a biblioteca da Universidade da Coruña ou ao hospital Arquitecto Marcide.