Nace a libraría especializada O fogar das palabras

Situada en Compostela, céntrase en obras en galego e no xénero fantástico

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Coa literatura galega e o xénero fantástico como bandeiras, acaba de abrir en Compostela a O fogar das palabras. O novo espazo preséntase co rótulo Libraría-taller, e para alén das funcións habituais nunha libraría, o espazo acollerá obradoiros literarios, de edición ou de ilustración e oferta un servizo de autoedición para os autores interesados en publicar o seu traballo. O proxecto está coordinado polo autor e editor Fernando M. Cimadevila e mais por David Cortizo. A nova libraría achegará tamén libro de texto e obras para o público infantil e xuvenil.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Literatura, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos