Un ciclo de exposicións abre ao público a colección de arte da Fundación Caixa Galicia

A primeira exposición está comisariada por Alfonso de La Torre

25/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

En época de crise, a Fundación Caixa Galicia bota man dos seus fondos (é a colección privada máis importante do Estado) para completar a súa oferta expositiva. Faino cun ciclo de catro mostras, nas que lle pide a catro reputados comisarios que establezan outra ollada sobre os seus fondos. O resultado é Miradas, o ciclo que comeza mañá coa primeira das mostras. Alfonso de La Torre encárgase desta exposición titulada “Desde o informalismo ao multicolor”, coa que se percorren os principais autores e movimentos artísticos españois e portugueses da segunda metade do século XX.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Torre, Exposicións