O galego deixa de estar en perigo para a UNESCO

A organización retira a nosa lingua do seu Atlas de linguas en perigo

20/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
22 lecturas | Compartido 0 veces

A nova edición do Atlas de linguas en perigo que publica a UNESCO retirou o galego desta categoría. A posibilidade de falar a nosa lingua sen restrición, o feito de que os nenos o aprendan, a súa presenza na educación e mais a protección que brinda a proximidade ao portugués son algúns dos criterios polos que a organización internacional considera que a nosa lingua xa non está seriamente ameazada. No mesmo atlas advírtese da puxanza do catalán, coma a lingua minoritaria máis forte de Europa, e apúntase que tanto o euskera coma o aragonés e o asturiano están en diferentes grados de perigo.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Educación, Portugués, Europa...

Claves

Entidades
Lugares