As conclusións do Atlas de Linguas en Perigo provocan reaccións en todo o país

A UNESCO errou

A Real Academia, o Instituto da Lingua Galega, a Dirección Xeral de Política Lingüística, a Mesa pola Normalización e mesmo Paco Vázquez deron onte a súa opinión sobre o estudio da UNESCO que considera o idioma galego en perigo de desaparición. A pesar das diferentes valoracións que todos eles fan sobre a situación da lingua, todos coinciden nunha soa cousa, que non é para tanto.

Desde a Xunta





O director xeral de Política Lingüística, Xesús González Moreiras, sinalou que os datos do Atlas de Linguas en Perigo da UNESCO, que sitúan o galego en perigo de desaparición "non son cribles e non se corresponden coa realidade". Aínda que recoñeceu que a situación "non é moi optimista", ó seu ver "tampouco vamos mal". Segundo el, Moreiras citou un informe da Unión Europea que sitúa o noso idioma coma o quinto con máis futuro dentro das lingua minoritarias europeas. Segundo el, se o que di o informe fose certo "habería que baixar do tren xa, pois non pagaría a pena continuar por un percorrido tan curto". O director xeral recoñeceu como dato negativo o descenso no número de falantes monolingües en galego, aínda que cre positivo que o prestixio da lingua medrase e que o galego "chega a ámbitos onde nunca chegou".




ILG, RAG, Consello da Cultura, MNL

Manuel González, director da ección de sociolingüística da Real Academia Galega (RAG) e membro do Instituto da Lingua Galega, considera que "é un disparate poñer o galego ó mesmo nivel do asturiano, o leonés ou o aragonés". Segundo el, a situación da nosa lingua "non é deseperada. Se somos intelixentes pódese levar a cabo a normalización", e o estudio da UNESCO "é unha información esquemática, tendenciosa e alarmista. De ser obxectivo, as conclusións non son correctas". Gonzáles ten a sensación de que hai influencias externas na valoración dos datos".
Tamén o presidente da Real Academia, Xosé Ramón Barreiro Fernández, cre que o documento da UNESCO "non parece nada serio" e sinala que nin a institución que dirixe nin o Consello da Cultura Galega foron consultados para realizalo. Segundo el, "tampouco temos noticias de que se fixese un traballo de campo, polo que parece un informe de despacho por xente non moi competente e que non é filóloga".
Pola súa banda, o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, amosou a súa sorpresa polos datos exposotos no informe e recoñeceu a mala situación do galego, sinalando que "é moi difícil" que o idioma desapareza, pero salientando a necesidad e da creación dun "organismo de planificación" que analize a situación da lingua.
Desda a Mesa pola Normalización Lingüística sinalous que "non é unha novidade" dicir que o galego está en perigo de desaparición. Sen embargo desde esta asociación négase a Concidión de "moribundo" do noso idioma e apúntase a unha "falta total de vontade política" para normalizar a lingua.











Paco Vázquez, García Negro, Cuenca




















O alcalde da Coruña, Paco Vázquez, deu onte tamén a súa opinión sobre os datos da UNESCO, sinalando que "a situación da lingua mellorou moito nos últimos anos" e aínda que hai que facer "un grande esforzo como o que xa se fai" par el "non existe risco de que desapareza. A literatura é rica e viva". Segundo el, o idioma galego "non a capacidade e uinnversalidade do inglés ou do castelán", xa que " é unha lingua que só emprega unha comunidade de dous millóns oitocentos mil habitantes" e "o mundo vai cara uns esperantos universais.
Pola súa banda, a parlamentaria do BNG Pilar García Negro, rclamou á Xunta medidas para potenciar o idioma que "padece un proceso deliberado de exclusión no seu propio país, territorio e sociedade". Tamén os representantes deste partido no Congreso dos Deputados solicitáronlle ó Goberno Central que elabore un informe sobre a situación do galego e lembroulle o compromiso adquirido ó ratificar a Carta Europea de Linguas Minoritarias.
Finalmente, tamén o secretario de estado de Cultura, Luis Alberto de Cuenca, presente onte na Coruña, sinalou que a lingua galega "ten unha implantación moi sólida" no país e destacou que a existencia dunha literatura importante neste idioma "é sinal de que está vivo".