O galego é unha das tres mil linguas que corren perigo de desaparecer no mundo. Asà o revela a segunda edición do "Atlas das linguas en perigo do mundo", que se presenta hoxe, DÃa Internacional da Lingua Materna, en ParÃs. De calquera xeito, na mesma obra recoñécese que linguas coma o asturiano, o aragones ou, sobre todo, o leonés, corren maior risco de desaparición que o galego.
A transmisión
O galego corre tanto perigo de desaparición coma o euskera, o asturiano ou o aragonés, segundo a UNESCO. Sen embargo, este mesmo informe recolle que o catalán está a sendo progresivamente reforzado e que a súa situación non é tan grave.
No "Atlas das linguas en perigo do mundo" considérase que unha lingua corre risco de extinción cando non é aprendida polo trinta por cento dos nenos da comunidade de falantes. Para a UNESCO as causas disto poden ser o desprazamento dun grupo lingüÃstico, o contacto cunha cultura máis agresiva ou a acción dos membros dunha cultura dominante.
Segundo sinalou o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, para o estudio da UNESCO "non se consultou co Consello da Cultura, nin a Real Academia Galega nin a RAG. Para el, non existe ese trinta por cento dos nenos que non aprenden o galego", xa que a totalidade dos escolares téñeno coma materia. De calquera xeito, Barreiro recoñece unha "situación preocupante" para o emprego oral do idioma e pensa que o o galego corre perigo pola acción dos medios de comunicación de as novas tecnoloxÃas ás que aÃnda non se incorporou o galego.
Outras linguas con problemas
O Atlas revela que o Leonés, que considera separadamente do astuariano, é a lingua da PenÃnsula que maior perigo de desaparición corre. Tamén constata a desaparición na penÃnsula do mozárabe, idioma falado na Idade Media.
Este informe, unha segunda edición do publicado pola UNESCO en 1996, tres mil dos seis mil idiomas do mundo corren perigo de desaparición. Con ocasión da celebración do DÃa Internacional da Lingua Materna, o dirctor xeral da UNESCO, Koichiro Matsuura, realizou unha homenaxe á lingua materna coma a "máis importante para as primeiras fases do noso desenvolvemento" e salientou a necesidade de pervivencia das linguas "xa que cada unha representa unha resposta única á condición humana".