O vindeiro 9 de marzo terá lugar no Teatro Circo Price de Madrid a gala de entrega dos XVIII Premios Unión de Actores. Uns galardóns que recoñecen o traballo actoral no cine, teatro e televisión. Entre os candidatos hai tres galegos, os tres como actores de reparto: Jose Ángel Egido na categoría cinematográfica (polo seu traballo en Os xirasois cegos), Manuel Millán na de teatro (Hai que purgar a Totó ) e Nancho Novo na de televisión (O síndrome de Ulises). A gala está escrita e dirixida por Eva del Palacio.