Terry Francis, o creador do tech-house, actúa esta noite en Vigo

Baixo o palio do underground

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

Un dos mellores DJs do momento, o inglés Terry Francis, levará esta semana os sons máis profundos do house e do tecno á sala Vademecwn de Vigo

En Vigo


É toda unha referencia nas salas e parties de todo o mundo. Terry Francis, productor e DJ con máis de de z anos de rodaxe sobre as pistas, dará esta noite todo un recital de mezclas en Vigo. Ás tres da mañá deste xoves irrumpirá na sala Vademecwn de Vigo, a un prezo de 500 pesetas a entrada.




Un referente

No 97 a prensa especializada británica outorgoulle o seu máximo galardón. O motivo foron as súas series de discos "Architecture, descrito por algúns críticos como "impecable" pero sobre todo, unha creación orixinal a partir de mezclas perfectamtente conxuntadas de moitos discos.


Terry saltou á fama en Inglaterra ó ser nominado o seu club Wiggle coma o segundo mellor do país. Agora, o DJ ten una fama internacional, actuando en clubs de todo o mundo e dirixindo os seus propios selos discográficos Wiggle e Eye 4 Sound.

Que che parece esta nova?
6 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Djs, Inglaterra

Claves

Conceptos
Lugares