Un proxecto recolle en vídeo o legado de persoeiros da nosa cultura

Unha escolma da iniciativa pódese ver na canle GaliciaXa.tv

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo ou o finado Xan Bouzada, son algunhas das personalidades que conforman os contidos “Rexistro de nós”. É o proxecto do grupo de traballo do Fondo de Arte e Cultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. “Naceu en 2004 coa vontade de recoller o legado de persoas relevantes da cultura galega pero que non deixaron constancia por escrito do seu pensamento” explica no web do Diario da Universidade de Vigo, Almudena Fernández, unha das profesoras implicadas neste proxecto. Agora, parte da iniciativa pódese ver en Galiciaxa.tv, a fiestra dixital creada pola Consellaría de Innovación para difundir as iniciativas desenvolvidas ao abeiro do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI)

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un correspondente para América

Un correspondente para América

O CCG publica un especial coas publicacións que Francisco Fernández del Riego remitiu ás revistas da emigración

Elas… as artistas

Elas… as artistas

Un proxecto pretende dar a coñecer as artistas formadas na Facultade de Belas Artes

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo, Belas Artes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra...