Unha visión completa da vida e obra do celebérrimo Hugo Pratt, creador de Corto Maltés, mediante catorce entrevistas con Dominique Petifaux. Esta é a achega que nos fai a editorial Galaxia, que acaba de anunciar o lanzamento de O desexo de ser inútil nunha edición a grande formato que inclúe fotografÃas, acuarelas e ilustracións do autor. A firma viguesa xa publicara a versión en novela de Corto Maltés. Balada do Mar Salgado, primeira aventura deste personaxe.