Galaxia xa está no Books

O Google Books acolle fondos da editorial galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A capa, o índice e ata un 20% das páxinas de todas as obras publicadas por Galaxia están xa dispoñibles en Google Books. A editorial presentaba onte en Compostela este proxecto, que permite previsualizar algunhas das obras máis importantes das nosas letras na rede e realizar buscas textuais nas mesmas. Xa no mes de xaneiro, os fondos recibiron arredor de vinte e tres mil visitas, segundo explicaron os responsables do proxecto. Aínda que Galaxia é a primeira editora galega que aposta por este formato, o Consello da Cultura Galega xa achega desde 2002 todas as súas publicacións íntegras no Google Books.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Google, Consello da Cultura Galega, Editorial Galaxia, Santiago de Compostela