Rubín debuta en Image cunha historia de 12 páxinas

Ramen-o-Rama inclúese na antoloxía Popgun

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Rubín debuta en Image cunha historia de 12 páxinas

O volume tres de Popgun, a antoloxía de historias que publica a coñecida editora Image, en Estados Unidos, conta cunha historia do ourensán David Rubín. Ramen-o-Rama é o título da proposta deste galego, unha obra de doce páxinas na que Rubín corre con guión, debuxo e cor, e que ten a Thomas Mauer a cargo da rotulación. No seu blog, o autor anuncia tamén que deixa de realizar a serie Zemo con guión de Jorge García, para a revista BD Banda. Segundo explica Rubín, a intención deste dúo e retomar con posterioridade a serie na forma dunha historia longa que conte entre cen e dúascentas páxinas.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, David Rubín, Debuxo, BD Banda...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos