A intelectualidade galega celebra con Ferrín o seu 70 aniversario

Escritores e estudosos homenaxeárono pola súa contribución á literatura galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Víctor Freixanes, Xosé Manuel Beiras, Ánxela Bugallo, Manuel Bragado... son algúns das duascentas persoas que se reuniron esta fin de semana no Centro Social Caixanova de Vigo para celebrar o 70 aniversario de Xosé Luís Méndez Ferrín. Foi unha homenaxe pola súa traxectoria e pola súa contribución á literatura galega. Os diferentes participantes no acto destacaron a súa condición de poeta, novelista, dramaturgo, editor, profesor, académico, ademais de entregarlle un exemplar encadernado en pel do libro A semente da nación soñada.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Escritores, Xosé Manuel Beiras, Manuel Beiras...