A Coruña e Ourense acollerán dous concertos de Russell Malone

Jazz de altura

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

O que está considerado o último jazzman de prestixio chega esta noite a Galicia. E faino desenfundando a súa guitarra no Café Latino de Ourense. E mañá deixará a cidade das Burgas para facer o propio dentro do espectáculo Navijazz no Teatro Rosalía de Castro en A Coruña.

Concertos


O café Latino de Ourense, asiduo dentro dos circuitos de programación de jazz en Galicia, acolle esta noite o primeiro concerto que Rusell Malone ofrecerá en Galicia. Logo este virtuoso da guitarra desplazarase ata a Coruña onde o Teatro Rosalía está celebrando o Navijazz. Alí, o cuarteto de Malone non está só, antes André Sarbib Quartet preparará o público congregado. Nos dous concertos Rusell Malone estará acompañado polo pianista Antony Woddsney, o baixista Richards Goods e o bateria E.J. Striland.




Rusell Malone

Rusell Malone (Albany-Georgia) é a última referencia internacional do jazz. Considerado sucesor de Benson pola súa fusión de pop e jazz, colaborou durante anos con Harry Connick jr. Tras tocar ó lado de artistas como Roy Hargrove, Etta Jones, Backy Pizarelli e Diana Krall despegou en solitario en 1992.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Ourense, A Coruña, Teatro...