Margarita Ledo leva o cine ao seo da Real Academia Galega

A catedrática é a quinta muller numeraria da institución

9/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega. Este é o título do discurso co que Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) se converteu este sábado na quinta muller numeraria da Real Academia Galega. O seu discurso foi un percorrido histórico sobre a cultura galega galega comezando con Rosalía de Castro no século XIX e pechando coa figura do cineasta Carlos Velo. Deste xeito, o audiovisual e o cine entra na RAG. A resposta ao discurso de ingreso leuna Rosario Álvarez que destacou a súa produción literaria. Científica, xornalística e cinematográfica.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Real Academia Galega, Carlos Velo, Rosario Álvarez...