A exposición Galicia 25 anos trasládase a Ferrol

Poderase visitar no Exponav ata o 1 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

A exposición itinerante e interactiva Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega (1983-2008) será inagurada o martes 10 de febreiro ás 20 horas en Exponav, no Centro Cultural e Social da Armada (Edificio Herrerías) en Ferrol. Organizada polo Consello da Cultura Galega para conmemorar os seus primeiros 25 anos e patrocinada por Caixanova, a mostra viaxará por todas as grandes cidades galegas.

O acto de inauguración contará coas intervencións de Vicente Irisarri, alcalde de Ferrol, os presidentes do Consello da Cultura Galega e de Caixanova, Ramón Villares e Julio Fernández Gayoso, respectivamente, e Victor F. Freixanes, en representación dos comisarios. A mostra, instalada nas salas de exposición da Fundación Exponav, poderá contemplarse ata o domingo 1 de marzo.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Caixanova, Ramón Villares

Claves

Protagonistas