BD dos setenta no CGAC

A mostra Portas de Luz recolle varias creacións dos cadriños galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Pepe Barro cartel da exposición "Cómic galego" 1973.

Pepe Barro cartel da exposición "Cómic galego" 1973.

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle, no marco da súa exposición Portas de Luz. Unha achega á arte e á cultura en Galicia nos 70 varias mostras de BD feita nesta época. Mais concretamente, no edificio compostelán poden verse as doce serigrafías de 80x80 centímetros que compoñen O home que falaba vegliota, de Reimundo Patiño. Canda a isto podese ver a edición orixinal do Ratas de Xaquín Marín e mais Esquizoide. Publicación do Colectivo da Imaxe. Para rematar, tamén está exposto o cartel orixinal de Pepe Barro para a exposición Cómic galego que se fixo no Círculo Mercantil de Santiago en 1973.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xaquín Marín, Xaquín Marín, Pepe Barro, Cómic...