Os ciclos de cine protagonizan as axendas culturais galegas do país

O CGAI culmina con cinco títulos a súa retrospectiva pola cinematografía de David Lean

4/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O cine é o protagonista da FNAC, do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), e dos cines Dúplex de Ferrol. En cada un deses espazos estes días celébranse sendos ciclos de cine. A FNAC para apoiar a candidatura da Torre de Hércules a ser declarado Patrimonio da Humanidade. O CGAI achegará os cinco últimos títulos que contemplan o seu repaso pola filmografía de David Lean, mentres que o concello de Ferrol e a Universidade da Coruña retoman nos Dúplex os seus ciclos de cine. Nesta ocasión a “imaxinación e a personalidade” son os dous eixos conductores dos filmes que se poderán ver de balde todos os mércores.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, CGAI, FNAC, Torre...