O Neorama dos Quadrinhos compila material galego para unha exposición

A intención é facer unha Mostra Mundial dos Quadrinhos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A newsletter de Internet Neorama dos Quadrinhos fai un chamamento aos autores e editores galegos para compilar BDs do noso país. O material que reciban fará parte dos encontros mensais Coxias de Caxias que se desenvolveran en Serra Gaúcha (Brasil). Parte do mesmo compilarase na que quere ser a Mostra Mundial dos Quadrinhos. Segundo explica Marko Ajdaric, da organización, a intención é compilar 220 publicacións duns corenta países que compartirán espazo cunhas 70 edicións brasileiras. Adjaric confirmou que xa contan con mostras de Retranca, Golfiño Xaquín Marín e de Os compañeiros. A orde da pedra de Miguelanxo Prado e que agarda ampliar o quiñón galego nesta iniciativa.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Xaquín Marín, Xaquín Marín, Miguelanxo Prado...