La Iguana celebra os seus dez anos como referencia no panorama musical

Dez anos de iguana

"La Iguana" organizou o pasado xoves un concerto especial. Celebraban os dez anos da súa inauguración. Unha década servindo de referencia dentro do panorama musical vigués mantendo unha programación estable e de calidade. Un feito que o consolidou como un local de referencia en todo o Estado Español.

Unha década de música




"La Iguana" abreu co cometido de cubrir un oco que deixou "La Kama" dentro do panorama musical ó facilitar unha sala na que celebrar concertos. As claves do éxito están na perseverancia, organizando concertos cada semana; ademais de traer a grupos de prestixio tanto na esfera nacional como na internacional. Así, polo seu clube pasaron tanto "Siniestro Total", "Burning", "Andrés Calamaro", "Devil Dogs", "Nomads", "Dictators".... así ata un total de setecentos nomes. E isto acompañado dunha boa estratexia de "merchandising", publicitándose e creando unha imaxe do local que tan bos beneficios lle deu. Un local que durante os seus dez anos de andaina conseguiu renovar o tanto o panorama musical como o público.












Movida viguesa



La Iguana naceu no mesmo momento no que se estaba en declive a movida viguesa. Un momento no que o imperio de "Aerolíneas Federales" e "Siniestro Total" comezaba a diminuir. Nese momento, comezou a oleada de peches que evidenciaban o esmorecemento da movida viguesa. Unha situación que comezou "El Kremlin" e terminou cando "La Kama" pechou as súas portas. Foi nese momento, cando o 13 de decembro de 1990 abría "La Iguana·". Abríase así unha nova etapa no panorama musical vigués.