Raimundo Ibáñez, o Marqués de Sargadelos foi asasinado un 2 de febreiro de 2009 durante os disturbios da Guerra da Independencia na súa casa de Dompiñar por unha turba alentada polos seus inimigos. 200 anos despois, unha comisión integrada polos concellos de Santalla de Oscos (Asturias) e Cervo e Ribadeo, a ConsellarÃa de Cultura, o Real Padroado de Sargadelos, a Deputación de Lugo e o Consello da Cultura Galega presenta hoxe un programa de actividades para reivindicar a figura de Raimundo Ibáñez na súa zona. Entre as actividades, sobrancean un congreso dirixido polo profesor Pegerto Saavedra sobre o persoeiro e o seu tempo, que se celebrará en xuño, a publicación dunha banda deseñada divulgativa, a programación de ciclos de música da época. O Consello da Cultura Galega elaborará un Roteiro dentro da súa nova aplicación web Roteiros da Cultura Galega para amosar os lugares clave da vida do Marqués.