Unha casa-museo e un libro: homenaxes ó marqués de Sargadelos

Casa do marqués

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Chamábase Antonio Raimundo Ibáñez, pero polo pobo foi considerado marqués de Sargadelos, aínda que nunca chegou a tomar posesión do seu cargo. Foi o fundador da cerámica máis coñecida e é un exemplo máis dos puntos en común que Galicia ten con Asturias. Agora, recupérase a súa figura cun motivo doble: en primeiro lugar coa reconversión da súa casa en museo e en segundo lugar, coa publicación dun libro, "Azul cobalto".

Un museo


Personalidades de Galicia e Asturias déronse cita onte en Ferreirela, no concello asturiano de Santa Eulalia de Oscos, cidade natal do marqués de Sargadelos. O motivo principal era a inauguración da súa casa natal, agora reconvertida en museo, logo dun profundo proceso de restauración, debido ó seu estado ruinoso. A casa do Marqués de Sargadelos, que disfrutou a súa familia dende finais do S. XVIII e principios do XIX, está rehabilitada conservando a estructura e o mobiliario probable segundo os estudios realizados.




E un libro



O escritor galego, Alfredo Conde, tamén quixo render a súa homenaxe a figura do Marqués de Sargadelos. E fíxoo cun libro, "Azul cobalto. Historia posible del marqués de Sargadelos". Unha obra na que, tras dun longo proceso de documentación, achégase ó século XVIII, exhibe a un industrial afrancesado e liberal, creador da cerámica máis coñecida de Galicia e do seu "Laboratorio de formas" e cunha morte violenta. Unha figura senlleira en Galicia que conde edita ó mesmo tempo en galego e castelán.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Asturias, Alfredo Conde, Morte...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares