O concello de Vigo recupera a memoria do pintor Urbano Lugrís cun roteiro cultural

O roteiro Tras os pasos de Lugrís complementa unha exposición monográfica en Castrelos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle secciónExposicións
Compartir:

Tabernas, residencias, librarías e vivendas de amigos nos diferentes barrios vigueses son as paradas dun novo roteiro cultural presentado onte pola Concellería de Patrimonio do Concello de Vigo. O roteiro permite afondar na relación entre o pintor e a cidade, na que viviu en dous periodos diferentes e na que morreu no ano 1973. A última etapa de Urbano Lugrís en Vigo pasou por momentos de pobreza e vida errática.

O roteiro desenvólvese en tres partes. A primeira é un percorrido a pé que parte da Porta do Sol, xunto ao Sireno, e continúa por os lugares que frecuentaba (Taberna do Elixio, Librouro e o seu obradoiro). A segunda parte céntrase en coñecer e profundizar nas súas fontes de inspiración, especialmente no mar, e así os participantes desprázanse en autobús ata o Berbés e Bouzas. O último paso é visitar a exposición dedicada ao artista no Museo de Castrelos: Lugrís: Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urbano Lugrís, Concello de Vigo, Museo de Castrelos, Obradoiro