Ao igual que o Mar de Lira, a RÃa de Cedeira xa conta coa condición de Reserva Mariña. O Consello da Xunta aprobaba esta mañá o decreto polo que se constitúe este espazo protexido. Deste xeito impoñense limitacións á actividades extractiva na área en cuestión con vistas a garantir a súa situación ambiental. Ao tempo, crearase un órgano xestor con participación local que controlará o desenvolvemento desta área de pesca sostible. A ConsellarÃa de Pesca anunciou que xa está a traballar co sector para poñer en marcha iniciativas semellantes na rÃa de Viveiro, en Aguiño, en augas exteriores da rÃa de Cedeira e en Camelle.
Mapa coa delimitación da reserva.