A Rusia Imperial sufríu nas primeiras décadas do século XX unha fonda transformación a todos os ámbitos: político, cultural, social. Foi nese momento cando poetas e pintores tentaron canalizar eses cambios cunha linguaxe innovadora e revolucionaria. Vasili Kandinski, Kazimir Malevich, Natalia Goncharova, Piotr Konchalovski, Mijail Larionov, Valentin Serov, Isaac Brodski ou Nikolai Roerich son, entre outros, grandes valores da vangarda rusa que se poden ver a partir de mañá na sede que a Fundación Caixa Galicia ten en Ferrol. Unha escolma que chega dos fondos do Museo Estatal Ruso de San Petersburgo.
