A Mostra de Teatro de Ribadavia inicia unha nova etapa. Roberto Pascual substitúe ao finado Rubén GarcÃa á fronte dunhas xornadas que este ano cumpren 25 anos. O novo director pretende manter os sinais de identidade ao tempo que busca unha maior proxección do evento. Para conseguilo acometerá unha renovación na súa estrutura coa creación dun consello asesor que lle dea independencia e maior autonomÃa, ademais de buscar apoio económico fóra do ámbito público. Canda isto, abrirá o programa de actividades a máis encontros que os estritamente teatrais. Manterá a convocatoria do premio Abrente de Teatro e crearase unha nova colección literaria de teatro (coa editorial Difusora de Letras e Ideas), asà como a preparación dun programa especial para este 25 aniversario que comezará o 17 de xullo cunha homenaxe a Rubén GarcÃa.