Roteiros da Cultura, unha aplicación para explorar Galicia a través dos seus creadores

A iniciativa é froito da colaboración entre o Consello da Cultura e a Consellaría de Innovación

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Roteiros da Cultura, unha aplicación para explorar Galicia a través dos seus creadores

Roteiros da Cultura iníciase con catro propostas de viaxe a través das tres figuras clave do rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal inauguran a web. A través da súa vida e obra pódese percorrer a Costa da Morte, Celanova, Ourense, a área de Padrón ou a Coruña. Trátase dunha aplicación web que permite situar en Google Maps, imaxes e información sobre a cultura galega. O proxecto é o resultado dun convenio entre o Consello da Cultura Galega e a Consellaría de Innovación para crear software e contidos libres así como a posta en rede do noso patrimonio. A aplicación, ubicada en culturagalega.org, conta cun sistema de edición de rutas que permitirán a asociacións, fundacións e outras entidades subir e incorporar contidos. “É un proxecto aberto e estes son só os primeiros pasos para chegar ao etiquetado cultural do país” apuntou Ramón Villares, presidente do CCG no acto de presentación desta ferramenta. Xa podes consultar e usar Roteiros da Cultura en culturagalega.org, aínda que ao longo destes quince días estaremos a realizar axustes e melloras. Agradecemos calquera suxestión e comentario sobre ela: a redaccion@culturagalega.org.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Ramón Villares, Morte, Rexurdimento...