OQO Editora gaña o premio de ilustración do certame de deseño de libros Visual

Outros tres álbums da editorial quedaron finalistas nesta categoría e na de Libro Infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O álbum ilustrado O oso e o corvo, do selo galego OQO Editora, recibiu o Premio de Ilustración 2008 do certame Visual de Diseño de Libros 2008. Este galardón, outorgado pola prestixiosa revista de deseño Visual, recoñece os deseños das mellores publicacións editadas en calquera das linguas oficiais do Estado. O ilustrador portugués André da Loba ilustrou a obra a partir dunha serie de esculturas de cartón. Os escenarios presentan fondos lisos e claros, poboados con personaxes de concepción cubista e gran forza expresiva, e todo en cores primarias. O seu traballo plástico alicérzase nunha investigación anterior durante a que o artista estudou o movemento e o equilibro en figuras tridimensionais realizadas con material de refugallo. O galardón será entregado o vindeiro 3 de marzo no Museo Reina Sofía en Madrid.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Portugués, Museo Reina Sofía, Madrid

Claves

Conceptos
Lugares