Sete cociñeiros levan o mar galego a Madrid Fusión

O evento celébrase entre hoxe e o xoves

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Sete cociñeiros levan o mar galego a Madrid Fusión

Sete cociñeiros galegos participarán en Madrid Fusión, o gran congreso gastronómico para profesionais que se celebrará en Madrid entre hoxe e o xoves 22 de xaneiro. No denso programa desta cita gastronómica participarán en diferentes actividades. Deste xeito, hoxe ás 19:20 h., os chefs Ana Gago (Casa Pardo, A Coruña), Marcelo Tejedor (Casa Marcelo, Santiago) e Xosé Cannas (Pepe Vieira, Poio) presentarán unha ponencia patrocinada pola Xunta de Galicia titulado "A grande icona da cociña do peixe: a pescada de Celeiro". Pola súa banda, Beatriz Sotelo, a cociñeira de A Estación (Cambre, A Coruña), gañadora do galardón á mellor cociñeira do ano, encargarase dunha comida-degustación para os congresistas o martes, nun xantar tamén patrocinado pokla Xunta. Pepe Solla, pola súa banda, presentará o xoves 22 un relatorio titulado “O mar a baixa temperatura. Coccións milimétricas do peixe". Pola súa banda, dous novos cociñeiros, Iago Castrillón (Acio, Santiago) e Xesús Hevia (Casa Pardo, A Coruña), participarán na fase de selección dun concurso internacional de cociñeiros.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, A Coruña, Xosé Cannas, Xunta de Galicia...

Claves

Protagonistas
Entidades