51.000 euros cubrirán a presenza galega na Feira do Libro da Habana

Anxos Sumai, Paco Martín, Xosé tomas e Chito Piñeiro farán parte da delegación

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Logo do desembarco do pasado ano, Galicia mantén a súa presenza na Feira do Libro da Habana da Edición 2009. Segundo publica hoxe La Voz de Galicia a Consellaría de Cultura contratou con Halcón Viajes a organización dos actos para este evento. Segundo explican desde a Consellaría, en total prevese a presenza na feira dunha delegación de entre sete e dez persoas, na que xa están confirmados os nomes de Anxos Sumai, Paco Martín, Xosé tomas e Chito Piñeiro coma autores convidados. Canda a este agárdase a presenza de diferentes editores e autores.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Paco Martín, Anxos Sumai, Paco Martín...