AGADIC destinará máis de dous millóns de euros ás diferentes industrias culturais

Destaca a creación do programa de compañías residentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un dos obxectivos da AGADIC era potenciar as estruturas empresariais das industrias culturais. E o boletín informativo que edita, o E-scena, fai un avance das subvencións que concederán neste ano para procurar ese obxectivo. O total das liñas de axuda increméntanse un 18% con respecto a 2008 para alcanzar os 2.275.000 euros. Con eses cartos, ampliarase o Crédito Cultura a todo os sectores produtivos (antes só era para o teatro), crearase o programa de compañías residentes para facilitar a súa estabilidade, subvencionarase a creación de formacións e potenciarase a presenza en mercados internacionais.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Axencia Galega das Industrias Culturais

Claves

Conceptos