O CGAC abre mañá un ciclo de documentais de creación galega

As proxección terán lugar ata o sábado ás 19:00 horas

12/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Baixo o título Xeiras polo real, o CGAC acolle desde mañá e ata o sábado a proxección dun ciclo de documentais de creación galega. Longametraxes e curtametraxes que achegan unha mirada singular sobre o país. Os traballos de Mario Iglesias, Manuel Abad ou Felipe Veiga poderanse ver diaramente ás 19:00 horas no marco deste ciclo gratuíto.

A programación completa do ciclo é a seguinte:

Martes, 13 xaneiro: O almorzo do poeta, do director Mario Iglesias
Mércores, 14 xaneiro: Manuel e Elisa, de Manuel Fernández Valdés
Xoves, 15 xaneiro: Eloxio da distancia, dirixida por Felipe Vega e producida por Bren Entertainment.
Venres, 16 xaneiro: Flores tristes, de Manuel Abad, producida por Formateo, Pórtico S.L. e TVG
Sábado, 17 xaneiro:
-"Paris # 1", de Oliver Laxe
-"Pó de estrelas", de Alberte Pagán
-"Bata por fora", de Claudia Brenlla
-"John Ballan, detrás da porta", de Lara Bacelo
-"Os señores do vento", de Xurxo González

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Manuel Abad, Mario Iglesias, Xurxo González...