O Proxecto Terra amplíase a primaria

O Colexio de Arquitectos inicia en Marzo os cursos para desenvolver esta proposta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Máis de mil profesores preinscribíronse para participar nos cursos que achegarán o Proxecto Terra aos alumnos de primaria do noso país. A formación comezará en marzo, e o Colexio de Arquitectos, responsable da proposta, quere con esta iniciativa introducir os mais novos na precepción sobre o contorno, promovendo unha relación responsable co mesmo. O Proxecto, que xa se iniciara no 2000 para alumnos de secundaria, ten tamén en marcha o certame Xente, espazos e lugares co que quere favorecer o traballo de estudantes de secundaria sobre estas mesmas cuestións.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colexio de Arquitectos, Secundaria

Claves

Conceptos