Os Tonechos sepáranse

Os compoñentes do dúo desenvolverán proxectos por separado

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Chegaron a ser un auténtico fenómeno social no noso país. Agora, o popular dúo cómico Os Tonechos anuncia a súa separación temporal. Tanto Roberto Vilar coma Víctor Fábregas sinalaron que non van facer polo momento novos programas para a Televisión de Galicia e que teñen abertas as opcións para desenvolver outros proxectos por separado. De calquera xeito, insisten en que non existe ningún problema entre eles e que é posible que o dúo volte no futuro.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)