O popular humorista e presentador de televisión Roberto Vilar (Xove, 1971), conmemora e festexa os seus trinta anos de traxectoria en televisión con 'Celebreixon', un espectáculo co que percorrerá a xeografÃa galega. Esta supón a primeira xira de Roberto Vilar en solitario por teatros en toda a súa carreira tras das que fixera como parte do dúo cómico Os Tonechos. O 20 de xaneiro estrearase Lugo e unha semana despois, o dÃa 27, está programada unha función en Ourense. O 3 de febreiro chegará a Santiago de Compostela, e despois estará en VilagarcÃa de Arousa, Pontevedra, Vigo, Cangas do Morrazo e Ferrol. Son os primeiros destinos dunha xira que prevé ampliarse. Actualmente Vilar produce, dirixe e presenta 'Land Rober Tunai Show', co que conseguiu os máis prestixiosos premios televisivos e presenta o magazine de tarde 'Quen anda aÃ', ambos para a TVG. Comezou a súa carreira televisiva fai xa trinta anos no programa 'Café Café' da Televisión de Galicia. Máis adiante chegaron 'Supermartes' e 'Con Perdón', no que coñece a VÃctor Fábregas e crean o histórico dúo cómico Os Tonechos, que durante varias temporadas son fixos no Luar e que desembocou na creación dun formato propio: 'O show dos Tonechos'. Vilar gañou durante dous anos consecutivos o premio Mestre Mateo a Mellor Comunicador, outorgado pola Academia Galega do Audiovisual.