Unha homenaxe en Bonaval inicia os actos do 59 cabodano de Castelao

A súa Fundación anuncia que terá catalogada a obra do rianxeiro para este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai 59 anos xa que finala Castelao. En conmemoración do seu cabodano, o país énchese hoxe de actos de homenaxe. Un dos principais desenvolverase ás cinco da tarde no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval da man da Fundación que leva o nome do rianxeiro. Precisamente a Fundación anunciou que para finais de 2009 estará rematado o catálogo completo da obra deste ilustre galeguista, un proxecto dirixido por Miguel Anxo Seixas e que pretende clasificar arredor de 3.000 pezas que se atopan repartidas entre Galicia, Madrid, Sudamérica e Estados Unidos. O proxecto, apoiado pola Consellaría de Cultura prevé a dixitalización dos fondos, que serán accesibles no Arquivo Nacional de Galicia.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Panteón de Galegos Ilustres, Sudamérica, San Domingos de Bonaval...